Contacontos ilustrado Mulleres Galegas en Darbo

Foi unha tarde divertida a de onte en Darbo. Tivemos a visita de Polo correo do vento, que nos acercaron dun xeito ameno e didáctico á figura de Maruja Mallo. Enrique Mauricio contounos a súa biografía á vez que Carlos Taboada fixo unha caricatura da artista. Ó finalizar os asistentes puideron facer as súas propias caricaturas, que quedaron moi orixinais.




