AS SÚPER HEROÍNAS DO NOSO POBO
“Se les moito ocórrenseche mais cousas para debuxar”. Esa foi a mensaxe de Estefanía Padullés aos nenos e nenas que asistiron o mércores 16 ao obradoiro de ilustración na biblioteca de Miño. Fixeron un reconto dalgunhas importantes mulleres da historia, para logo, debuxar ás súas heroínas preferidas.




