“A MAXIA DE MARY POPPINS” na BPM de Mondariz-Balneario
Arrancamos o programa Ler conta moito 2020 coa maga Leo Leíño na B.P.M de Mondariz Balneario. Este pasado 23 de setembro ás 18.30 h Leo Leíño achegouse ate a nosa vila coa actividade “A maxia de Mary Poppins”, espectáculo cheo de maxia, contos e moita diversión.

Leo Leíño A maxia de Mary Poppins
O público asistente estivo moi entregado e entretido con todos os trucos que Leo realizou, pais, nais e cativada quedaron abraiados e desexando repetir a experiencia. As alusións a diferentes escritores, libros, contos e historias estiveron moi presentes durante o desenvolvemento da sesión. Foi unha actividade moi dinámica e divertida, na que participou todo o público asistente. 
Actividade moi recomendable para público infantil e familiar.




