Cantando os Cantares, con Truke Matruke 25/03/2022 — Biblioteca Municipal de Cariño
Cantando os cantares é un percorrido a traves do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Farémolo a través da música, cantando varios dos poemas do libro e explicando o contexto e a temática desta importante obra da literatura galega, adaptada ós máis pequenos, axudándonos para facelo de diferentes técnicas de contacontos, ilustracións etc. Veremos que os problemas e as alegrías que tiña a xente daquel entón non distan moito dos que temos hoxe en día e falaremos de como Rosalía protestou polas inxustizas por medio do seu arte, a poesía.





