Tantarantiña
O mércores día 13, pola mañá, a primeira infancia do PAI disfrutou cos cantos e contos de Cris de Caldas, ca súa actividade “Tantarantiña”.
O mércores día 13, pola mañá, a primeira infancia do PAI disfrutou cos cantos e contos de Cris de Caldas, ca súa actividade “Tantarantiña”.
As 11. 00 h., recibimos a visita de Pakolas e Laura Romero, co seu espectáculo: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Orbita:
espectáculo onde a interacción coas nenas/os, a música e os contos, e os debuxos en directo de Laura Romero, quen o acompaña cun montón de cores, se goza da música moi rockeira e do debuxo. Paco Cerdeira guiaranos coa súa forza interpretativa e humor por todas as historias de Ramona Órbita, coa súa voz e tocando a guitarra ao vivo, con Laura aos pinceis, dando unha nova dimensión visual. Paco ven de editar na Ed. Galaxia-Sonárbore o libro-cd Ramona Órbita, a dona do tempo que recolle as cancións, contos e ilustracións.

Actividade que mistura a animación musical con diferentes números de clown, malabares e lume 
O público puido xogar e bailar ó ritmo das cancións infantís máis míticas ata coa música máis actual grazas a diferentes coreos e xogos.
Ó comezo da actuación o intérprete fixo unha entrada tipo “happening” interactuando e improvisando co público para introducilos no mundo do clown.
Un concerto acústico a cargo de Os Peregrinos destinado ao público de todas as idades co que se pretende aportar outra visión acerca dunha personaxe tan relevante no noso patrimonio como Rosalía de Castro, a través da musicalización de varios dos seus poemas incluídos no libro Follas Novas, empregando ritmos actuais, accesibles e universais coma o bossanova e o pop, que aportan luminosidade ás verbas de Rosalía, mostrando a vixencia, modernidade e plasticidade dos seus textos, así como a proxección do videoclip de debuxos animados Follas Novas. Un novo achegamento á figura de Rosalía, na que se pretende subvertir dalgún xeito os estereotipos dela aos que estamos acostumados.
Cantando os cantares é un percorrido a traves do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Farémolo a través da música, cantando varios dos poemas do libro e explicando o contexto e a temática desta importante obra da literatura galega, adaptada ós máis pequenos, axudándonos para facelo de diferentes técnicas de contacontos, ilustracións etc. Veremos que os problemas e as alegrías que tiña a xente daquel entón non distan moito dos que temos hoxe en día e falaremos de como Rosalía protestou polas inxustizas por medio do seu arte, a poesía.
O día 23 asistiron os nenos de 5º B do CEIP de Cariño ao
espectáculo de maxia con Pedro Bugarín, un espectáculo totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor, o cal fixo as delicias dos nenos.

O 22 de setembro, para os nenos deo CEIP de Cariño, as 11. 00 h.
A aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de estraños seres que fan bromas sen fin aos seus habitantes, cando un excéntrico personaxe fai a súa aparición. Xa coñecedes a historia que querían facervos saber é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”. Clown, malabares, participación do público e moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico “O frautista de Hamelín”. 



Séguenos