Roger Arias: Lúa descolorida: un tributo musical a Rosalía de Castro 19/05/2020 As 17.00 para a terceira idade
Un concerto acústico a cargo de Os Peregrinos destinado ao público de todas as idades co que se pretende aportar outra visión acerca dunha personaxe tan relevante no noso patrimonio como Rosalía de Castro, a través da musicalización de varios dos seus poemas incluídos no libro Follas Novas, empregando ritmos actuais, accesibles e universais coma o bossanova e o pop, que aportan luminosidade ás verbas de Rosalía, mostrando a vixencia, modernidade e plasticidade dos seus textos, así como a proxección do videoclip de debuxos animados Follas Novas. Un novo achegamento á figura de Rosalía, na que se pretende subvertir dalgún xeito os estereotipos dela aos que estamos acostumados.