O venres 3 de xuño entre as 17h. e as 19h. tivemos na bpm de Sober o contacontos con obradoiro “Coas mans na masa”, basado no conto de OQO “Maruxa”. Na primeira parte Raquel narrou o conto para posteriormente realizar un obradoiro onde os asistentes realizaron as iliustracións do libro pero feitas con masa de fariña para rematar de decoralas con pinturas de cores.
Os nenos, nenas e adultos asistentes a esta actividade marcharon para casa cunha mensaxe importante : as tarefas do fogar non teñen xénero, gracias a historia de “Maruxa ” , que tan ben contou Raquel de OQO Editorial.
![]()




