Xogamos na Axencia de Lectura de San Vicente (O Grove)
Este martes 9 de agosto a Escola das Utopias convidounos a participar no xogo “Parti da Igualdade”
Nunha primeira parte do obradoiro, os nenos e nenas participantes realizaron a súa propia ruleta do xogo para poder xogar en casa. A continuación, divididos en grupos os nenos e nenas tiveron que poñer en práctica o xogo realizando diferentes probas e preguntas encamiñadas a rachar cos estereotipos e roles machistas.