Circo na casa en Láncara
O pasado 29 de setembro a B.P.M. de Láncara acolleu o espectáculo “Circo na casa”. Espectáculo de clown e circo a favor da igualdade de xénero no que o público estivo moi participativo. Para Mere clown as tarefas domésticas non son aburridas, a través de malabares e equilibrios trata de recoller a casa pero finalmente resultou unha tarefa imposible.





