A máquina do tempo na B.P.M de Mondariz-Balneario.

Onte achegaronse á biblioteca os compoñentes de Teatro Ghazafelhos para ensinarnos moitas cousiñas sobre as civilizacións. A doutora Mon e o seu axudante Pe leváronos de viaxe a todalas épocas, e o público asistente axudolles a facelo.

Foi un percorrido pola historia moi divertido que fixo que disfrutaran tanto a cativada como as persoas maiores. Grazas a teatro Ghazafelhos por esta tarde tan marabillosa.




