‘Caderno de cores e cancións’ na Biblioteca Pública Municipal da Rúa
Con motivo da celebración do #DíaDoLibro, o pasado 27 de abril, ás 19:00h, a Biblioteca Pública Municipal da Rúa acolleu o espectáculo musical do rués Magín Blanco na compañía do músico Pablo Vidal.
‘Caderno de cores e cancións’, que xa conta con formato libro-disco, está dirixido ao público infantil e familiar e propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións.
Con este formato concerto-obradoiro e a través do xogo, os artistas interactuaron co público facendo uso da lingua galega coas melodías e a musicalidade poética das rimas.





