“Un conto volto a contar” na BPM de Viana do Bolo
Dento do programa de obradoiros “Semente de Igualdade” que se está a levar a cabo no Concello de Viana do Bolo, o luns tivemos unha visita moi especial…
Acompañounos Anxo para mostrarnos e demostrarnos que con tan só papel de cores e tesoiras podemos realizar unha orixinal representación de títeres…
Partindo do conto tradicional de “Gran de Millo” a rapazada debía adaptar ese conto e cambiar non só as personaxes senón tamén os distintos roles masculinos e
femininos das mesmas, as diferentes tramas, os escenarios da historia, etc.
Ao final os distintos grupos realizaron a súas representación diante dun público moi atento e agradecido!





