Unha tarde de contos con Filipa e Fran
Este mércores 19 de xullo estivemos compartindo a tarde con Fran, que nos contou de onde ven, e presentounos a Filipa, unha señora moi divertida e imaxinativa que viaxa sempre contando contos por toda Galicia. Así, entre ambolos dous, relatáronnos contos graciosos, trabalinguas convertidos en cancións, e outras curiosidades coas que pasamos un rato ben divertido na área recreativa Ponte Barbón, dentro do programa “A Biblioteca de Verán da Bola”.





