Árbore Azul na Biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada

“Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” na Biblioteca de Sada.
O sábado 9 de outubro, da man de Árbore Azul, un grupo de nenas e nenos descubriron na Biblioteca de Sada que hai moitas formas diferentes de ler.
Grazas a actividade “Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” aprenderon técnicas básicas de respiración e posturas de ioga coas que poderán relaxarse cando o necesiten.




