LEO E AS CORES
O día 24 de outubro achegouse á nosa biblioteca, Paula Regueiro coa actuación ” Leo e as cores “. Unha actividade dirixida ós nenos de Infantil do CEIP Avelino Díaz de Meira que se achegaron ó Centro Socio-Cultural para desfrutar desta marabillosa artista que cumpre á perfección as súas dotes de manter o público pequeno en total entretemento grazas ó seu gran talento.




