Trinketrinke Teatro. Animais do bosque na BPM da Guarda

Un rato de “Lonxedetodo” visitounos para contar contos tradicionais de animais e cantar cancións. Houbo alegría, diversión, risas e participación activa.
Fomenta a curiosidade e amor polos seres vivos que existen na natureza.
Finalizada a actuación, algunhas familias quedaron lendo contos e compartindo tempo.





