“O traxe novo do rei” de Tarabelos na biblioteca de Foz
Seguindo coa progamación do mes dos libros e das letras, na biblioteca de Foz pasamos unha tarde moi animada con Esteban Acuña de Tarabelos e a adaptación do conto popular “O traxe novo do rei”. Unha interpretación con monicreques marabillosa que consigue captar a atención de todo o público asistente.




