“Conto xogo” con Patricia Martínez na BPM de Vila de Cruces
O venres 24 de maio os nen@s de Vila de Cruces pasaron un anaco divertido e o mesmo tempo educativo con Patricia Martínez.
Combinou contos e xogos onde lle transmitiu aos cativos a importancia de pasalo ben lendo e xogando. Ademais ensinoulles que non hai xogos nin contos de nigún xénero, xa que todos somos iguais e temos que respectarnos, así como tamén a importancia das boas accións . Estas ó final sempre teñen recompensa como nos mostra o conto ” O elefante e a xenerosidade”.







