Sol e lúa, arriba abaixo na biblioteca de Culleredo
O 30 de maio, para rematar o mes das Letras Galegas, tivemos un contacontos para bebés da man de Carlos Alba. Contou breves contos utilizando pequenas marionetas de dedo e cancións con instrumentos musicais sinxelos, animando así a participar ás nais e pais cos seus bebés.










