Escape Room na Biblioteca do Grove
O venres 31 de maio tivemos na Biblioteca do Grove o escape room “Plan de rescate” baseado na novela de Antia Yañez. Esa tarde tivemos un pequeno problema, xa que desapareceran un grupo de usuarios da biblioteca. Tiñamos que atopalos antes de que pechara a biblioteca e para iso deberiamos estar moi atentos as pistas que se foran deixando. Tarde divertida na que o inxenio, pilleria e creatividades fixeron que puidesemos saír da biblioteca e rescatar aos usuarios.




