O peixe luminoso e fabula da raposa e o caranguexo en Valga
Hoxe divertímonos moito con Mirari de Babaluva Títeres.
Sardiñas, rodaballos, caranguexos, peixes abisais e polbos transformáronse en personaxes para contarnos historias fascinantes do mar. Con estes personaxes Mirari representou o conto de Italo Calvino ” O peixe luminoso” con títeres de luva. E a fábula de ” A raposa e o caranguexo” con títeres de boca. Acompañáronse os contos con cancións populares ” O Rodaballo” e “Caranguexo”.





