“Contos susurrados” en BIBLIOPAZOS con Fátima Fernández
O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus “Contos susurrados” transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade –alumnos de primaria do CPI “Curros Enríquez“ de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Mas información en BIBLIOPAZOS.





