BIOTECNÓLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA BIBLIOTECA DE SADA



O venres día 9 de maio, na biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada, 25 nenas e nenos descubriron que a biotecnoloxía pode ser divertida e que pode mesmo servir para resolver un crime!
Na biblioteca produciuse un asasinato e os participantes, extraendo ADN e traballando con material de cociña, convertéronse en detectives-científicos para atopar ao culpable.
O taller foi impartido por Manuel Vicente, responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega.




