Festexando as letras en Cee dende Rosalía ata as Cantareiras
Un auditorio Baldomero Cores cheo ata os topes de alumnos de primaria do CEIP de Brens, CEIP Vila de Cee e CPR Manuela Rial Mouzo festexou este xoves 15 de Maio as Letras Galegas 2025. Aprendimos moito con Celtia sobre as mulleres homeneaxas ao longo destes anos dende Rosalía de Castro pasando por Xela Arias, María Victoria Moreno, María Mariño, Luísa Villata, Francisca Herrera Garrido ata chegar ás Cantareiras.
Ó remate da actuación fixemos a entrega de premios dos concursos da Biblioteca de Cee 2025 (que este ano van pola edición número 34ª nos relatos e 21ª no marcapáxinas). e rendémoslle unha pequena homenaxe ao noso querido bibliotecario Mon, recentemente falecido.





