Lalá Teatro en Chantada coas “Josefas”
Hoxe celebramos as Letras Galegas na Biblioteca Municipal cun espectáculo interactivo, no que os asistentes tiveron que pasar varias probas para demostrar canto coñecían da nosa lingua e de Galicia en xeral.
Demostraron que a música popular sigue viva nas novas xeracións xa que coñecían as cancións tradicionais que se lles propuxeron.
Como superaron todas as probas, ao remate da sesión agasalláronos cunha pegatina que os acredita como galegos 100%.





