24/06/2025
O pasado venres, a rapazada puido disfrutar dun divertido espectáculo de narración oral, Rosa e Azul.

A actividade estaba proxectada dentro do programa O Concello cos coles e encadrada nos actos previstos polo Concello para a conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+

, que se celebra o próximo 28 de xuño.

Desde a Biblioteca e a área de Igualdade, en colaboración co programa de animación á lectura Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia, quixemos celebrar a diversidade e rachar cos estereotipos de xénero.

Nenas e nenos quedaron encantados cos xiros de guión dos contos tradicionais.
