As aventuras de quebranoces triunfaron no Vicedo
Unha fermosa actividade tivo lugar este pasado venres 2 de maio no Vicedo. A Asociación musical musicreques presentou o seu espectáculo As Aventuras de Quebranoces para unhas 70 persoas onde predominaban os nenos de primeiro ciclo de primaria. Os nenos disfrutaron coas aventuras por todo o mundo de quebranoces e coa música en directo. A actividade resultou altamente recomendable.









