Contacontos temático e obradoiro Día do Libro BPM María Magdalena
A biblioteca María Magdalena foi o escenario, no día do libro, dunha xornada moi especial, na que os nenos e nenas das escolas infantís do Municipio participaron nun contacontos e obradoiro creativo pensado para espertar o gusto pola lectura desde as primeiras idades.





