Os Ghazafellos en Muxía no Día do libro
O 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro, visitáronnos Os Ghazafelhos co seu espectáculo “Contamos historias de lobos?”. O bo tempo permitiunos celebralo na praciña exterior da Biblioteca, creando un ambiente moi especial.
Ao tratarse dun espectáculo interactivo, os cativos e cativas gozaron moitísimo participando nas historias, converténdose en protagonistas dos contos entre risas e diversión. Ademais, sacamos libros á rúa para que todas as persoas puidesen levalos e seguir celebrando a lectura.






