Festa de contos con Iria Pinheiro na Biblioteca Municipal de Chantada
O día 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, por iso o contacontos quixemos dedicalo aos libros.
Hai maxia que só ocorre entre as páxinas dun libro, e puidemos vivilo en directo na biblioteca con Iria Pinheiro.Iria Pinheiro fai unha festa de contos nos que a diversidade é o fío condutor.
Unha contada poética e alegre baseada no teatro de obxectos que fixo sorrir a crianzas e maiores.
Unha contada poética e alegre baseada no teatro de obxectos que fixo sorrir a crianzas e maiores.
Sopas insólitas, vacas que poñen ovos e amizades únicas son parte dos ingredientes das divertidas historias representadas nesta peza.






