Ana Meilán na Biblioteca Municipal de Chantada
O venres 8 de maio tivemos a visita de Ana Meilán coa actividade “Ao meu lado podes ser”, un contacontos moi participativo dirixido a nenos e nenas de 1 a 5 anos, no que as crianzas estiveron moi entretidas e quedaron con gañas de máis. O Bebé que acompañaba a Ana non deixou de xogar con todos os asistentes.





