A Xanela do Maxín na Axencia de Lectura de Domaio
Para celebrar o Día das Letras Galegas nas bibliotecas de Moaña contamos coa actividade infantil A gran viaxe das Letras Galegas, un contacontos da compañía A Xanela do Maxín que nos propuxo un recorrido pola historia, a lingua e a cultura galegas a través de palabras, sons e recordos. O espectáculo viaxou por distintas épocas e figuras da literatura galega, dende Begoña Caamaño ata Rosalía de Castro, reivindicando o poder transformador das letras e a importancia da memoria colectiva.





