Babacontos na Biblioteca Municipal de Lugo

A sala infantil da Biblioteca Municipal de Lugo encheuse de nenos e nenas o pasado 23 de abril para celebrar o Día do Libro. A mestra de cerimonias da celebración foi Larraitz Urruzola que chegou cos seus Babacontos.
Enseguida apareceu a súa acompañante, a simpática e coqueta Babamá, tan elegantemente vestida como a ocasión o requiría e acompañada dos seus cacharros. Moi pronto fíxose coa complicidade dos asistentes, encantados de compartir historias con tan curioso personaxe.
Contoulles de todo, contos de comidas, materia na que os nosos usuarios demostraron ser uns auténticos especialistas, contos que falaban de historias e cousas fantásticas… contos todos eles moi divertidos.
En fin, que todos pasamos unha tarde diferente cun personaxe entrañable que deixounos novas historias para contar e lembrar.




