Raquel Queizás na Biblioteca de Nós (Oleiros)

O venres 3 de outubro, as rapazas e rapaces que estaban na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós viaxaron arredor do mundo da man de Raquel Queizás.
Lendas sobre as estreas do ceo, a orixe da pel raiada dos tigres ou a forma dos coellos transportaron a todo o público asistente ao continente africano, asiático e americano.
Bonitas historias cargadas de culturas de outros mundos, sen esquecer a simpatía e o humor, foi o que trouxo Raquel Queizás, co seu espectáculo “A Orixe”, a este rinconciño do noso planeta chamado San Pedro de Nós.





