Maxia cómica con Leo Leiño na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)

O xoves 16 de outubro puidemos gozar na Biblioteca Central Rialeda dun espectáculo de maxia moi divertido e participativo. A “desaparación” e “aparición” dun billete, a corda que se tensa maxicamente grazas á enerxía do público, o can branco que se convirte en negro e outra vez se volve branco e outra negro… a auga que sae polo cóbado dun neno e pode encher un vaso… unha estupenda tarde para os nenos/as e os seus acompañantes.





