Obradoiro de banda deseñada. SANTY GUTIÉRREZ na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre



Santy Gutiérrez ofreceunos un obradoiro moi completo e interesante, onde vai intercalando teoría e práctica en perfecta combinación: imaxes en power point, debuxo na pizarra e práctica en papel.
Ao longo de toda a sesión vai desenvolvendo con exemplos prácticos a linguaxe do cómic: liñas cinéticas, onomatopeias, os diferentes tipos de bocadillos, os distintos planos e cando se debe empregar cada un…
Unha das prácticas consistiu en poñer texto a unha secuencia de imaxes, ata compoñer a historia. Outra, en poñer imaxes e texto nunha páxina previamente dividida en viñetas.
Ao remate da actividade cada alumno logra realizar a súa propia páxina de cómic.
Dirixido ao alumnado de 3º de ESO do IES Afonso X, dentro do noso programa ABRILUSTRADO.




