Trinke Trinke e Os Ratos de Lonxedetodo en Arteixo.
O pasado xoves, 16 de outubro, ás 18:30 h, a Biblioteca Central acolleu a actuación de Trinke Trinke – 🐭📚 Os Ratos de Lonxedetodo, que volveron a encher de maxia e alegría o noso espazo. Houbo unha gran asistencia e entusiasmo, con 28 nenas e nenos e 21 persoas adultas que gozaron dunha tarde chea de música, contos e imaxinación.
O rato Fuco visitou a biblioteca acompañado das cancións do seu álbum ilustrado musical “Viaxes e Cancións dos Ratos de Lonxedetodo”, que xa foi un éxito de vendas en varias librarías de Galicia. Entre risas, historias e melodías, o público viaxou con el por mundos de fantasía e lembranza.
Foi un encontro especial, cheo de tradición, literatura e música, que deixou un moi bo sabor de boca e moitas ganas de repetir.




















Séguenos