Historia duns nenos moi desordenados aos que lle trouxeron unha aia máxica que lles vai a ensinar cousas útiles a través da maxia e tendo como fío condutor a lectura. Ensínalles tamén a coidar mascotas. A aia convértese na auténtica Mary Poppins e vai conseguir que todos os desexos dos nenos cúmpranse.
Os corenta minutos de contos, con temática de igualdade, fixéronse curtos para as crianzas e as súas familias nos que tiveron participación activa, prestaron moita atención e pasárono de marabilla.
Ultrahorta co seu inseparable bata a modo de capa , coas súas historias vai mostrar unha serie de hábitos saudables que debemos poñer en práctica en relación coa saúde, alimentación, hixiene….o fío condutor son os seus relatos:: Receitas pequerrechas, A mellor sopa do mundo, Rana de tres ojos
Música, danza e teatro encheron a biblioteca de Oseiro este pasado luns 22 de outubro.
Dondondirindonga e Dondondirindón son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?
O mundo dos sons a través de instrumentos musicais como a guitarra e o tambor conseguiron captar a atención dos pequenos e pequenas que en todo momento sentían curiosidade polas historias que contaba Charo Pita, tamén contemplaron como un pitiño saía dun ovo de peluche. A interacción entre os participantes e Charo foi constante, iso fixo que a media hora que durou o contacontos pasase moi axiña, pequenos e grandes saíron satisfeitos desta actuación.
Nesta ocasión foi o grupo do Club de Lectura de Arteixo quen puido gozar do método Zentangle. Debuxos de sombras, relevo e diferentes planos para conseguir tranquilidade e concentración, obxectivo final da actividade. Desta forma cada participante dá renda solta a expresión creativa máis íntima, elevando a concentración o seu máximo esplendor.
Aínda que non asistiron a totalidade de membros que compoñen o grupo do Club de Lectura os que participaron amosaron a súa satisfacción coa actividade que comezou as 17:30 e rematou as 19:00 h.
Séguenos