

Ultrahorta co seu inseparable bata a modo de capa , coas súas historias vai mostrar unha serie de hábitos saudables que debemos poñer en práctica en relación coa saúde, alimentación, hixiene….o fío condutor son os seus relatos:: Receitas pequerrechas, A mellor sopa do mundo, Rana de tres ojos

Música, danza e teatro encheron a biblioteca de Oseiro este pasado luns 22 de outubro.
Dondondirindonga e Dondondirindón son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?

O mundo dos sons a través de instrumentos musicais como a guitarra e o tambor conseguiron captar a atención dos pequenos e pequenas que en todo momento sentían curiosidade polas historias que contaba Charo Pita, tamén contemplaron como un pitiño saía dun ovo de peluche. A interacción entre os participantes e Charo foi constante, iso fixo que a media hora que durou o contacontos pasase moi axiña, pequenos e grandes saíron satisfeitos desta actuación.

Nesta ocasión foi o grupo do Club de Lectura de Arteixo quen puido gozar do método Zentangle. Debuxos de sombras, relevo e diferentes planos para conseguir tranquilidade e concentración, obxectivo final da actividade. Desta forma cada participante dá renda solta a expresión creativa máis íntima, elevando a concentración o seu máximo esplendor.
Aínda que non asistiron a totalidade de membros que compoñen o grupo do Club de Lectura os que participaron amosaron a súa satisfacción coa actividade que comezou as 17:30 e rematou as 19:00 h.



Ó principio, Electra, presentoulle ós asistentes Rosiña, a galiña poñedeira que vai ser o fío condutor da actividade.
Electra ensínolles os ovos que puxo no seu curral Rosiña. Eran a imaxes de personaxes de contos: Caperucita, a avoíña, Pinocho, a Sirenita, un cerdito….
Despois os nenos asistentes, seguindo unha receita que lles deu Electra,
crearon os seus propios personaxes.
Charo Pita trouxo a esta biblitoeca o Curral de Cocorico. Durante 1 hora aproximadamente estivo cos seus contos e cancións animando as crianzas de 1 a 3 anos a ter as súas primeiras experiencias coa música e a narración oral. A actuación foi do agrado dos país das crianzas.

Asistiron á sesión 10 crianzas e 11 pais.
As crianzas asistiron a unha actividade que logrou manter a atención dun público moi especial (1 a 3 anos), grazas á simpatía e habilidades de Charo Pita que con cancións, xogos e obxectos sonoros conseguiu unha tarde “máxica” porque tamén utilizou o libro da súa autoría titulado Maxia.


Séguenos