MULLER, POETA, EN GALEGO E….POLO MUNDO NA POBRA DO BROLLÓN
Foi un pracer recibir o xoves 19 na Biblioteca da Pobra do Brollón á poeta Yolanda Castaño, recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía. Castaño falou dos seus inicios na escritura e dos obstáculos que atopou como muller ao comezar a súa carreira con tan só 17 anos ata posicionar na actualidade a poesía en galego na escena internacional. A charla rematou recitando poemas do seu último libro “Materia”
Séguenos