Mergullámonos? visita Campo Lameiro
Mergullámonos? a cargo da compañía “Andrea” é un conxunto de historias que convida a explorar o mundo das emocións e onde os nenos e nenas asistentes disfrutaron participando nas historias que Andrea lles contou.
Mergullámonos? a cargo da compañía “Andrea” é un conxunto de historias que convida a explorar o mundo das emocións e onde os nenos e nenas asistentes disfrutaron participando nas historias que Andrea lles contou.
Fátima Fernández deleitou ao pequenos cunha serie de contos moi divertidos. Os nenos e nenas pasaron un rato moi divertido. Foi unha boa proposta de animación á lectura na que a autora interactuou moitísimo cos pequenos e pequenas.
Ana Hermida entretivo aos pequenos e non tan pequenos coa posta en escena do contacontos “Contando en Feminino”. Os asistentes aprenderon imaxinando e deixando atrás o rol feminino que teñen os contos de sempre cara algo mellor, cheo de igualdade e respeto.
Ana foi moi divertida e cercana co público asistente!

Os nenos e nenas pasárono moi ben con Alba porque foi unha actividade moi divertiva. A froita, as legumes e as intolerancias que moitos nenos e maiores teñen aos alimentos foros os protagonistas das historias.


Érase unha vez uns zapatos tivo moito éxito entre os nenas e nenos xa que Fátima coma sempre implicouse moito conseguindo así que todas e todos se divertisen moito.
Os nenos e nenas de Campo Lameiro disfrutaron moito coas historias ao revés , historias onde as bruxas son boas e os príncipes feos.
¡Unha mágoa que acabara! 😉
![IMG-20141001-WA0001[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/10/IMG-20141001-WA000111-300x168.jpg)
Os nenos e nenas disfrutaron moito da actuación; a actividade foi moi dinámica, e non houbo tempo de aburrirse.
![DSC04553[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/10/DSC045531-300x225.jpg)
A Biblioteca Pública Municipal de Campo Lameiro celebrou o Día das Letras Galegas 2014 cun obradoiro creativo levado a cabo por Larraitz baseado no poema “Esmeralda”, do autor homenaxeado este ano Xoxé María Díaz Castro.
Esta actividade levouse a cabo na Biblioteca o pasado mércores 14 de maio e nela participaron uns 20 nenos e nenas de 5º e 6º curso do CEIP Pedro Antonio Cerviño, que recortaron e pegaron versos do poema “Esmeralda”, tanto en galego como traducido a outras lenguas (inglés, francés, euskera, catalán, aranés, filandés…), cos que crearon unha paisaxe que logo pintaron.
O pasado xoves 3 de abril a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoi” de Campo Lameiro celebrou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co contacontos “Contos que deixan pegada”, levado a cabo pola Compañía Pavís Pavós.
Unhas 50 persoas, entre nen@s e os seus pais, achegaronse ata o Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhígas para escoitar e gozar cos contos que Tareixa e Jacobo tiñan na súa maleta e que lograron captar a atención tanto dos cativos como dos maiores.
O día 20 de setembro visitounos Fátima Fernández, e nos contou o máis clásico dos contos infantís, os reis, os príncipes e princesas, as súas debilidades e fortalezas. Fátima Fernández deleitou ao nenos e nenas coa súa simpatía e sentido do humor.


Séguenos