Bea Campos na Biblioteca da Capela
Festexamos o día das bibliotecas con Bea Campos e os seus “Contos con Xeito”, a verdade que o pasamos moi ben, os nenos e maiores divertímonos moito ca contada.


Festexamos o día das bibliotecas con Bea Campos e os seus “Contos con Xeito”, a verdade que o pasamos moi ben, os nenos e maiores divertímonos moito ca contada.


Onte 19 de maio festexamos as Letras Galegas na biblioteca , acompañounos Mere Clown cós “Contos do avó. Mulleres galegas” pasamos unha tarde divertida cós contos , caídas e os tropezós do avó.




Na biblioteca da Capela festexamos o día do libro con Leo Leíño e a súa “Maxía tola e lectora” Amosounos unha maxía referida a libros coma “Alicia no país das maravillas”, ” O patiño feo”etc.., a verdade que foi un espectáculo moi divertido e os nen@s prestoulles moito ver eses números de maxia e moito máis participar deles.






Para festexar o día da bibliotecas invitamos a Raquel Queizás a pasar a tarde para votar unha contada do seu espectáculo “A orixe”, a verdade que o pasamos moi ben ensinandonos instrumentos musicais e contando historias do país de orixe de eses instrumentos.




A tarde do 26 de setembro visitounos Carmen Domech e falounos dos diferentes monstros que nos aparecen na vida díaria,
Monstros que non vemos pero están ahí, por exemplo os monstros nos alimentos, nos propios sentimentos, etc… a verdade ,pasamos unha tarde moi divertida.




O 13 de xuño visitounos Marisa Irimia con varios varios contos de magos,nen@s e maiores pasamos unha tarde moi divertida.




O día 15 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar unha contada sobre a igualdade, os nen@s e non tan nenos pasamos unha tarde moi agradable e amena.


Raquel Queizás visitounos para mostrarnos os tesouros que traía dentro da maleta da avoa.Mentres ía mostrando os tesouros contábanos contos que lle contaba a súa avoa sobre mouras,trasnos,etc…
Tanto nenos como os maiores pasamos unha mañá moi divertida.




Para iniciar o curso escolar na Capela , a biblioteca convidou a todos nen@s e maiores a unha actividade de maxia , visitounos o Mago Paco co seu espectáculo ” Unha maxia diferente” e todos o pasamos moi ben cos seus trucos e os seus contos.


A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.





Séguenos