Caxoto na ALM Xosé Neira Vilas de Touro
Coas mans na masa (contos de igualdade) estivo o pasado venres 3 de xuño na ALM de Touro e foi todo un éxito. Caxoto contou contos de igualdade e contra os estereotipos de xénero. Unha tarde moi divertida
Coas mans na masa (contos de igualdade) estivo o pasado venres 3 de xuño na ALM de Touro e foi todo un éxito. Caxoto contou contos de igualdade e contra os estereotipos de xénero. Unha tarde moi divertida
Un grupo de nenos, nenas e maiores escoitaron na tarde do pasado venres Os Ratos de Lonxedetodo, que contaxiaron a grandes e pequenos o gusto pola lectura. Estes ratos utilizaron a música, a comedia e diferentes recursos para contar os contos, cheos de aventuras. Foi unha tarde divertida de contos.


Grandes e pequenos gozaron, o pasado venres en Touro, da música e dos contos de Chuches Amil.

Un grupo de nenas, nenos e maiores desfrutaron a tarde do venres 20 de agosto do espectáculo A Carteira de Augasclaras, obra de Carme Domenech. A historia conta que Martina reparte cartas na biblioteca: unha, de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo; outra, da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais… Esta actividade enmarcouse no programa Ler conta moito, loita contra a violencia de xénero.

a carteira de augasclaras
Abraiados e abraiadas marcharon os e as asistentes ao espectáculo Historias fabulosas, dous magos e outras cousas de Ian e Elisa.

Ian e Elisa en Touro

Ian e Elisa Touro
Antía veu a Touro contarnos que a igualdade non consiste en que os nenos fagan cousas de nenas e viceversa, senón en que todos e todas teñamos cabida no mundo…
Unha tarde moi entretida!

a reconquista
Estupenda estivo Raquel contando historias pola igualdade

Somos iguais

Somos iguais

Un contacontos moi moi redondiño… ou máis ben ovalado onde os protagonistas foron os ovos….! Un pracer contar con Pablo en Touro
O mércores 16 de setembro tivemos o pracer de ter en Touro a Atenea García.

ESTRAFALARIA
Raquel Queizás visitou Touro para celebrar o día das bibliotecas e fixo as ledicias do público asistente.

Ven a conto Raquel Queizás


Séguenos