CAXOTO na BPM de Zas
Onte achegouse ata a Biblioteca Municipal de Zas Felipe Díaz, CAXOTO, co seu Contacontos para bebés titulado “Levántate Xan”, dentro da
programación de Outono da
s Bibliotecas Municipais. Aí van un par de imaxes…
Onte achegouse ata a Biblioteca Municipal de Zas Felipe Díaz, CAXOTO, co seu Contacontos para bebés titulado “Levántate Xan”, dentro da
programación de Outono da
s Bibliotecas Municipais. Aí van un par de imaxes…
O Mago Deimi – Deimi Varela – sorprendeunos onte co seu espectáculo de maxia, “A maxia está nos libros”, que tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio no marco da programación de outono das nosas bibliotecas. Deixámosvos aquí unhas imaxes!

O
rato Paco,
Lúa,
Violín,
Piñeiro,… foron algúns dos contos que nos contou e cantou onte Pablo Díaz Carro no auditorio de Baio, en Zas. Acompañado das súas frautas máxicas e da súa guitarra fíxonos pasar un anaco moi entretido no cantamos e bailamos sen parar. “Cantacontos para bebés”
era o título deste espectáculo que fixo que pasaramos unha tarde espectacular !


O martes 21 de setembro tivemos na Biblioteca Municipal de Zas unha sesión co contacontos Anxo Moure que se transformou nun vello lobo e convertiu as nenas e nenos asistentes en lobiños e levounos de viaxe polo mundo da flora e fauna e a importancia do seu mantemento.

Hoxe, 14 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Baio (Zas), puidemos gozar do espectáculo de Bandullo Azul, “Filipa cos Contos”. Unha gran asistencia fixo da axencia un lugar bonito, no que se respiraba bo ambiente e se escoitaron (e participaron) nas historias que nos ofrecía cunha visión diferente de contos tradicionais.

O venres 22 de xuño, tivemos na Axencia de Lectura de Baio a Pakolas despedindo o curso e dando a benvida ao verán con un concerto ben rockeiro!!


Un ano máis, na semana grande do Concello de Zas, a Semana Cultural, previa á Festa da Carballeira a Axencia de Lectura de Baio pon o seu “granciño de area” con unha actividade para os/as máis pequenos/as. Nesta ocasión contamos con Fran Campos, de Bandullo Azul e a súa compañeira Filipa que por medio do teatro e da música en directo, nos levaron a un mundo cheo de contos, algúns deles do escritor Carlos Casares, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

Xa estamos desexosos/as de que nos volvan visitar!!!

O pasado martes, 9 de maio contamos na Axencia de Lectura de Baio con Gloria e Diego (acordeón) de Mamá Cabra recordando co alumnado do CEIP Labarta Pose as cancións e contos destes 15 anos de compañía coas que gozamos, aprendemos, cantamos e bailamos.


Un, dous,…. ¡O Viravai!! non llo digades a ninguén eh?

Se tendes a oportunidade aconsellámosvos que busquedes por onde anda o teixugo Paio.

Hoxe xoves, 11 de maio de 2017 estivo pola Axencia de Lectura de Baio, no Concello de Zas e o alumnado do CEIP Labarta Pose, puido coñecer os seus amigos e mesmo cantar con el e con Roni as súas cancións: a granxa, Armando o armadillo, o baile do tiburón, plátanos, a familia Sapo, Canadian farm e o mosquito Federico.

O pasado mércores 3 de agosto contamos con “Os tres tenedores” en Zas, convidados pola Axencia de Lectura de Baio para participar na Semana cultural do Concello cos seus “Petiscos Musicais”.
Un auténtico e divertido Cocido Sinfónico que nos fixo cantar, brincar e bailar.





Séguenos