NA BIBLIOTECA DE ABEGONDO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON ” PAN E AUGA? SOPAS!”
Para celebrar o Día do Libro o pasado venres 24 de abril tivo lugar a actuación de Pan e auga? Sopas! na Biblioteca Municipal de Abegondo. Foi unha tarde moi entretida onde houbo dúas partes diferenciadas que fixeron as delicias dos nenos e nenas asistentes. Unha primeira parte onde se contaron historias do avó Casiano mesturando cantigas populares, e na segunda parte fíxose un obradoiro de cociña creativa que agradou moito tanto a rapaces coma os pais e nais que alí se atopaban.













Séguenos