ARZÚA:Títeres contra “bulling”
Na biblioteca “Rosalía de Castro” de Arzúa desenvolveuse unha actividade de títeres titulada “O mago Alberte ten moito conto” na que, de xeito participativo,
se aborda o problema do “bulling” propoñendo solucións.
Na biblioteca “Rosalía de Castro” de Arzúa desenvolveuse unha actividade de títeres titulada “O mago Alberte ten moito conto” na que, de xeito participativo,
se aborda o problema do “bulling” propoñendo solucións.
Un espectáculo de maxia, libros e globoflexia engaiolou a nen@s e maiores na biblioteca Rosalía de Castro de Arzúa. Un mago saído dunha lenda e a súa axudanta practicaron maxia e globoflexia nun taller no que participaron activamente nen@s e adultos.

O sábado 28 de xullo o Bardo Abelardo visitou a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Arzúa para nos achegar A música das árbores, un espectáculo de música, teatro e danza que fixo as delicias dos máis pequenos.
Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía. Cando a choiva cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona. Cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Arzúa recibiu o venres 27 de xullo a Marisa Irimia, que nos descubriu a emocionante historia d’A biblioteca secreta.
Narración oral para pequenos/as e non tanto que nos achega a dureza da guerra de Siria, mais tamén a esperanza das boas accións. En Darayya, persoas voluntarias recollen 14.000 libros de casas danadas polos bombardeos. Así conseguen crear unha biblioteca secreta, unha bilbioteca que garda miles de historias e aventuras.

A biblioteca secreta en Arzúa

Yolanda Castaño creou na nosa biblioteca un espazo de poesía, contos, palabras e letras moi interesante. Engaiolou a atencion dos cativos cunha actividade que se alongou máis dunha hora.


Coa acticvidade Mamá e Papá nos audiolibros. Obradoiro de gravación de audiolibros infantís”, crearonse espazos de divertimento, lectura e expresión oral e corporal. O próximo día dez de maio crearase na biblioteca un audioconto coa participación de nenos e adultos.

A Rosalía” foi unha activadade en lembranza de Rosalía de Castro.
Celebrouse o 24 de febreiro cadrando ca data do seu pasamento.
Participaron nenos dos dous colexios de infantil e primaria
e adultos usuarios da Biblioteca.
Deuse lectura á partida de nacemento de Rosalía, á acta de matrimonio,
e a algunhas cartas das que parece desprenderse que ela e Murguía non eran
unha parella moi ben avida. Rematouse coa lectura da acta de defunción.
Mentres tanto, nenos e maiores ían lendo poemas de “Cantares Gallegos”
A música correu a cargo de Mini e Mero. O remate foi do profesor de
violín do conservatorio de música con “Negra sombra”.
A actividade foi retransmitida en directo pola Radio Local
Unha hora de contos de fadas trampeiras, príncipes malvados e meigas máis boas có pan.
Un mundo visto do reves.
Unha función na que se divertiron nenos e pais acarón dos libros.


Séguenos