Príncipas e princesos en Bergondo
O 12 de maio realizouse esta función para escolares de 1º, 2º e 3º de primaria.
Os asistentes pasárono en grande!

O 12 de maio realizouse esta función para escolares de 1º, 2º e 3º de primaria.
Os asistentes pasárono en grande!

O sábado día 30 realizouse na Biblioteca da Senra o obradoiro de robótica, onde os participantes ademais de recibir unhas nocións básicas sobre a robótica, elaboraron e levaron para a casa o seu propio robot.


O sábado 23, coincidindo co Día do Libro, realizouse en Bergondo este obradoiro.
Participaron os nenos e nenas, acompañados das súas nais ou pais. Encheuse a biblioteca e todos os participantes quedaron moi contentos coa actividade, levando os seus traballos para casa.



E este sábado, día 23 de outubro tivemos na aula de lectura infantil xuvenil do concello de Bergondo a Sabela Gago. Os nenos e nenas pasaron unha mañá moi divertida con este contacontos.

O sábado 9 de outubro tivemos esta actividade na Biblioteca de Bergondo. Actividade moi interesante e na que se aprenderon un montón de curiosidades, sen esquecer o papel da muller neste ámbito


O sábado 25 de setembro tivemos en Bergondo , este contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Pasamos un rato moi divertido!
O 11 de setembro en Bergondo tivemos a oportunidade de asistir a este contacontos onde non faltaron contos, contos de micho, no que aprendimos moitas cousas sobre eles.
O venres, 2 de outubro, veu á biblioteca de Bergondo Montse Fajardo e falounos do seu libro “Invisibles, relatos do maltrato”. Montse ten unha forma de falar abraiante e pasou o tempo voando. Quedamos encantadas coa súa visita!


E o sábado, 26 de setembro, na biblioteca de Bergondo descubrimos a ciencia de Harry Potter da man de Ceo Aberto. Unha actividade moi interesante!
O venres 25 de setembro, na biblioteca de Bergondo, coñecimos a verdadeira historia de Hamelín da man de Moc-Moc. Unha tarde do máis divertida!


Séguenos