Genma Pardo- Gemola
O pasado venres, 4 de setembro,tivemos na biblioteca de Bergondo a Genma Pardo.
Unha tarde do máis divertido con contos,música,bailes e o máis importante: aprendendo sobre igualdade!


O pasado venres, 4 de setembro,tivemos na biblioteca de Bergondo a Genma Pardo.
Unha tarde do máis divertido con contos,música,bailes e o máis importante: aprendendo sobre igualdade!


O día 11 de outubro asistimos en Bergondo a este espectáculo interactivo, da man de Galeatro.
A actividade logrou facer pensar á rapazada, e crear conciencia sobre moitas actitudes de violencia de xénero que se ven máis do que nos gustaría, na sociedade de hoxe en día.

O 9 de outubro tivemos a actuación da ovella Engracia na biblioteca de Bergondo, á que asistiron os/as nenos/as de 2º de educación primaria.
Actividade moi divertida con mensaxe contra a violencia de xénero.


Hoxe visitounos en Bergondo Yolanda Castaño coa súa actividade “Muller, poeta, en galego.. e polo mundo!
Os preto de 140 escolares de 2º, 3º e 4º de secundaria participaron das contadas de Yolanda sobre o seu traballo, quen o realizou dunha forma moi amena , tan importante para a rapazada. Destacable a labor que fixo, afondando no pensamento crítico da rapazada en relación ao tema da igualdade de xénero.



O día 31 de xullo realizouse esta actividade. Os asistentes descubriron un montón de palabras en galego, servíndose do uso do diccionario. Entre todos crearon un diccionario visual.

O día 30 de xullo Leo Leiño acudiu á biblioteca de Bergondo coa súa función “maxia e libriños”. Os nenos e nenas que asistiron a esta función quedaron moi satisfeitos e satisfeitas.


E hoxe en Bergondo tivemos ao Mago Teto coa súa actuación “500 anos da incrible historia da maxia”. Asistiron ao espectáculo preto de 45 nenos e nenas


O día 10 de xullo tivemos o obradoiro de globoflexia con Elisa Alfaya Pérez. Fantástica actividade na que disfrutaron preto de 45 nenos e nenas.


Este sábado, día 15 de setembro tivemos en Bergondo o espectáculo de “Xan Perillán e a maleta máxica”, espectáculo que conectou co público dende o primeiro momento.



E o día 25 de maio, dentro da programación das Letras Galegas, tivemos a Pablo Díaz, que veu visitar aos nenos e nenas do CRA de Bergondo.
Pasárono en grande cantando as súas cancións!




Séguenos