27/07/2021
Paco Nogueiras acompañounos o pasado venres, 23 de xullo, nunha tarde chea de música que fixo brincar á cativada de Boqueixón e mesmo ás súas familias. Unha entretida sesión con mistura de cancións, música e teatro.
Máis de medio cento de participantes puideron desfrutar da música e das imaxes, cantar e mesmo bailar, mantendo as correspondentes normas COVID, co espectáculo “Radio Bulebule”.
Este espectáculo estaba previsto para ser nas instalacións da piscina municipal onde, como cada venres do verán, ten lugar a Bibliopiscina, pero dadas as condicións metereolóxicas, tivo que mudarse ao un espazo anexo (salón de actos do CPI Antonio Orza Couto).

Séguenos