“As peripecias de Xurxo” , un espectáculo de títeres e clown para celebrar o Día das Bibliotecas






.jpg)
.jpg)


Para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca municipal convidou a veciñanza a participar nun espectáculo de maxia, humor e ilusionismo a cargo do Mago da Boina e a súa pequena axudante Nami.
Ler máis →


O 24 de outubro é unha data moi especial para as bibliotecas. Porque estamos de celebración e queremos que todas as persoas participen do espírito do Día das Bibliotecas, unha efeméride que este ano destaca o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na construción dunha sociedade mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.




Para celebrar que chegou o verán e, con el, as tan esperadas vacacións escolares, a biblioteca municipal convidou a todas as crianzas de Brión a participar nun espectáculo musical a cargo de Paco Nogueiras. Un artista que conxuga a súa paixón pola música coa habilidade para conectar co público máis novo. Ler máis →




O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, unha conmemoración que baixo o lema “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de ligazóns fortes dentro das nosas comunidades. Porque as bibliotecas queremos ser centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.
De xeito anticipado, a biblioteca municipal quixo convidar a toda a cidadanía a participar nun espectáculo de narración oral dirixido especialmente ás crianzas. Os Contos de Pablísimo achegouse a Brión para presentar “O Paroleiro”, un serán de divertidas historias a cargo de Pablo Sánchez que, como todos os seus espectáculos, tomou como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Ler máis →




Séguenos